Tras o seu lanzamento para iOS e Android, o xogo Dredd vs. Zombies chega a Windows Phone 8, de xeito que os usuarios dos últimos terminais baseados no sistema operativo móbil de Microsoft poden gozar deste título Free-to-Play que consiste en protexer Mega-City One dunha invasión de mortos viventes. Para esta loita poderase facer uso dunha pistola Lawgiver e de 3 armas mellorables (Spitgun, Scattergun e Hi-Ex Launcher) para destruír a 4 tipos de zombis ao longo de 30 niveis de xogo nos que gañar estrelas, manter o nivel de Lei ao máximo para eliminar aos zombis, recoller escudos e evitar danos.
O xogo tamén conta con logros, numerosas melloras e a suficiente profundidade como para permitir a súa rexogabilidade nos seus distintos modos de xogo: modo historia (no que haberá que moverse pola cidade eliminado zombis), arenas (nas que matar a innumerables mortos viventes para conseguir máis créditos) e PSI (na que a División PSI predí crimes futuros que haberá que interceptar para conseguir recompensas).
Un dos motivos para o lanzamento deste xogo é a promoción da película na que está baseado, DREDD, que pasou con máis pena que gloria polos cines, e que prepara o seu lanzamento en Blu-ray e DVD a primeiros do ano que vén.
O xuíz Dredd estrea xogo Free-to-Play para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo
