O reboot da saga de Tomb Raider que Crystal Dynamics está a preparar e chegará ás tendas o vindeiro 5 de marzo, non só terá entre 12 e 15 horas de xogo, senón que vai sorprender por contar cun modo multi-xogador que ampliará a súa vida, segundo confirma a portada do vindeiro número da Revista Oficial Xbox de EE.UU., que incluirá tal primicia nas páxinas do exemplar que chegará aos quioscos o vindeiro 8 de xuño. Resulta que mentres Crystal Dynamics esforzábase en crear unha experiencia para un xogador traballada e pulida, o seu estudo irmán, Eidos Montreal, estaban a traballar na incorporación dun modo multi-xogador por primeira vez na saga protagonizada por Lara Croft.
Esta novidade do xogo estaría inspirada na boa resposta acadada polo xogo cooperativo de Lara Croft and the Guardian of Light, que fóra da corrente principal da franquía conseguiu destacar, saltando por múltiples plataformas na que tivo unha boa acollida unánime. Os detalles sobre este novo modo de xogo coñeceranse no vindeiro número da Official Xbox Magazine e tamén durante a celebración do CES de Las Vegas que terá lugar a primeiros do mes que vén.
O novo Tomb Raider terá modo multi-xogador
Compartir Este Artigo
