
Temos así que 2012 foi un grande ano para o lecer dixital, con 1.033 millóns de libras en vendas, dos que 552,2 millóns corresponden a videoxogos, ou sexa, que un ano máis os videoxogos facturan máis que o vídeo e a música xuntos. Curiosamente o sector que máis medrou en ingresos (un 20,3%) foi o do vídeo dixital, o que parece ser un sinal de que aínda é un mercado pouco desenvolvido.
Pero o feito de que actualmente as plataformas de descargas gocen de moita forza, están lonxe de ser a principal canle de achega de contidos, de xeito que as vendas en formato físico acapararon o 75,5% das vendas (só o 65,4% no caso dos videoxogos) mentres que en 2011 tal porcentaxe era do 80,6%. A desaparición dos soportes físicos parece inevitable, pero esta transición de formatos está a ser moi progresiva.
Se collemos os datos globais, os datos non resultan tan positivos, e as vendas en físico e dixital en conxunto caerían un 12% (chegando a baixar un 17,4% nos videoxogos) pero este descenso de facturación podería responder a múltiples factores, como que os produtos dixitais tenden a ser máis baratos que en soporte físico e o feito de que, para non coincidir cos Xogos Olímpicos, o verán de 2012 carecese de fortes lanzamentos.
O lecer dixital en Reino Unido supera os mil millóns de libras esterlinas en 2012
Compartir Este Artigo
