Os videoxogos baseados en figuras de LEGO inspiradas noutras franquías están a acadar moito éxito, e de cada vez parece máis ambiciosos, e en vez de limitarse a pequenos grupos de personaxes, parecen querer abordar un número de protagonistas moi amplo, para que cada xogador poida adoptar o papel do seu favorito, e tras LEGO El Señor de los Anillos anuncian agora que o vindeiro outono chegará a Xbox 360, PlayStation 3, Wii U, PC, Nintendo DS, Nintendo 3DS e PlayStation Vita o xogo LEGO Marvel Super Heroes, que incluirá aos personaxes que forman parte da liña de xoguetes que leva ese mesmo nome, e que actualmente está formada por 8 escenas icónicas da Patrulla X, Iron Man e Spider-Man.

Confírmase que neste título poderán desbloquearse máis de 100 personaxes do Universo Marvel, como Spider-Man, Iron Man, Lobezno, o Capitán América, Hulk, Thor, a Viúva Negra, Ollo de Falcón, Masacre, Loki e Galactus.
O vindeiro número da revista Game Informer dedicará as súas cubertas a este xogo, e na súa páxina web publican un interesante vídeo no que adiantan detalles de LEGO Marvel Super Heroes:
Os superheroes da Marvel terán xogo de LEGO no outono
Compartir Este Artigo
