
Por unha banda temos o Runbo X5, un móbil resistente a golpes, á auga e ao po (IP67) que funciona cun procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb, que conta cunha pantalla IPS de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, o que xa de por si son unhas boas prestacións para un dispositivo deste tipo, pero que, ademais, inclúe cámaras de 8 e 0,3 Mpíxeles, altofalante de grande volume, Android 4.0.4, Bluetooth 3.0, Wi-Fi, espazo para 2 tarxetas SIM, GPS, toma para auriculares e unha enorme batería de 3.800 mAh.

Pero este móbil non chega só, senón que tamén ten un irmán menor, o Runbo X3, que polo mesmo prezo conta cunha pantalla IPS de 3,5 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, que ten un tamaño menor para poder deixar sitio a un teclado QWERTY, de xeito que sería unha mellor opción para os que non gusten de pantallas táctiles para a introdución de texto.
Runbo X5 e X3, os smartphones con walkie-talkie para botarse ao monte
Compartir Este Artigo

