O regreso do xogo SimCity está a crear bastante expectación entre os afeccionados a este tipo de xogo que fixo historia no seu día, popularizando un xénero e dando pé a numerosos simuladores semellantes, e para que os impacientes que non poidan agardar a primeiros de marzo para probar este xogo, Electronic Arts e Maxis quere premiar aos seareiros que contribuíron aos numerosos progresos deste xogo facilitando a posibilidade de inscribirse á súa beta, o que permitirá gozar de xeito anticipado da versión para PC de SimCity entre os días 25 e 28 de xaneiro, e só durante unha hora.
É de agardar que esta cata do xogo permite para os seus desenvolvedores realizar unha proba masiva para poder escalar o seu sistema de cara ao seu lanzamento, pero tamén resultará de grande utilidade para os futuros compradores, que poderán facerse unha idea do que achegará o produto final, para tomar así a súa decisión de compra.
O novo SimCity poderá probarse durante unha hora dentro dunha semana
Compartir Este Artigo
