Nintendo e Konami veñen de confirmar o acordo de distribución para a nova entrega da saga Castlevania, de xeito que Nintendo responsabilizarase da venda, marketing e distribución do xogo en Europa e Australia, mantendo a Konami como editora deste xogo desenvolvido polo estudo madrileño Mercury Steam que chegará en exclusiva para Nintendo 3DS e constituirá o capítulo central da triloxía de Drácula, Lords of Shadow.
Mirror of Fate ambiéntase 25 anos despois de Castlevania: Lords of Shadow, e narrará a historia de Simon e Trevor Belmont, que terán que enfrontarse ao seu pai, Gabriel Belmont, que agora é Drácula. Temos así un capítulo no que poderemos manexar a varios personaxes, adoptarase a mecánica de anteriores entregas de Castlevania para consolas portátiles aínda que con imaxes en 3D e chegará o 8 de marzo ás tendas europeas.
Trailer de Castlevania: Lords of Shadow – Mirror of Fate para Nintendo 3DS
O xogo español Castlevania: Lords of Shadow – Mirror of Fate estrearase o 8 de marzo
Compartir Este Artigo
