FX Interactive está estes días de celebración no que a seguimento da súa tenda en liña se refire. Máis polo miúdo, vén de superar neste establecemento (FX Classics Store) a cifra do medio millón de xogadores, o que confirma ao selo de videoxogos de baixo custe como “unha das opcións preferidas dos seareiros de España, Italia e Latinoamérica”, sinala a empresa nun comunicado, que tamén fai fincapé na boa acollida que está a ter a tenda en liña. Un servizo, engádese, aberto as 24 horas e a disposición dun mercado potencial de 400 millóns de persoas, 23 países e 170 millóns de PC.
Sinalar que o empurrón definitivo de FX Classics Store estase a acadar cos prezos achegados (moi accesibles para tódolos públicos: oscilando entre os 9,95 euros e 1 euro) e con novidades recentes como a posta a disposición dos seareiros de As Cruzadas, un xogo sobre a conquista de Xerusalén que inclúe a posibilidade de participarmos de primeira en batallas multitudinarias en tempo real en Terra Santa. As Cruzadas, por certo, é o xogo co que FX quere celebrar a devandita cifra de medio millón de usuarios, polo que o achega cunha oferta inicial de desconto do 40% sobre o seu prezo real.
FX Classic Store supera a liña do medio millón de usuarios
Compartir Este Artigo
