Rockstar Games, selo editorial de Take-Two Interactive, anunciou hoxe a data de lanzamento do agardadísimo xogo Grand Theft Auto V, que finalmente chegará en versións para Xbox 360 e PlayStation 3 o 17 de setembro, desculpándose os responsables da compañía por non ser quen de cumprir coa data de lanzamento fixada anteriormente na primavera.
O tamaño deste proxecto fixo imposible cumprir cos prazos previstos inicialmente por Rockstar, en boa medida pola atención ao detalle que tenden a ter nesta saga de éxito, que nesta ocasión trasládanos á cidade de Los Santos, unha metrópole inspirada en Los Ángeles (sen tomar o seu nome) onde 3 criminais moi diferentes unen forzas para sobrevivir e trunfar.
O lanzamento de Grand Theft Auto V adíase ao 17 de setembro
Compartir Este Artigo
