Tras detectarse en 2010 que só un 72% da poboación tiña cobertura da Internet e que a banda larga non chegaba a todos os centros públicos nin polígonos industriais, a Xunta de Galicia iniciou o Plan de Banda Larga 2010-2013, tutelado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), buscando dotar a todos os galegos da posibilidade de conectarse á Rede a unha velocidade superior aos 2 Mbps e impulsar as redes de nova xeración, e agora que comezamos 2013 aproveitan para botar a vista atrás e facer balance, detectando que o Plan pechou o pasado ano adiantándose aos seus obxectivos superando o 95% da poboación con cobertura da Internet, de xeito que chegouse a posibilidade de acceso á Rede a máis de 636.000 galegos dos 786.000 que carecían da mesma.

Galicia pechou 2012 co 95% da poboación con cobertura de Internet
Compartir Este Artigo
