
Para acompañar o potente zoom óptico de 36x, a cámara tamén inclúe estabilización óptica de imaxe (moi útil para captar mellor as imaxes e evitar as imaxes borrosas ao captar obxectos a certa distancia), ten tanto visor electrónico como pantalla LCD de 3 polgadas abatible (cun movemento de ata 135 graos, inclúe 19 modos de escena, pode realizar disparos continuos para non perder ningún momento, mellora a imaxe con HDR e incluso grava vídeo a 1.080p a 30 fotogramas por segundo. Chega ao mercado este mesmo mes a un prezo duns 300 euros.
BenQ estrea unha cámara bridge de 18 Mpíxeles con zoom óptico de 36x
Compartir Este Artigo

