Hoxe chega ás tendas de videoxogos o agardado xogo Aliens: Colonial Marines, que recupera a célebre franquía cinematográfica ao mundo dos videoxogos, onde está a ser sobre explotada, e por desgraza este xogo para PC, Xbox 360 e PlayStation 3 non contribúe para evitar tal impresión, pois aínda que sexa un título que agradecerán os incondicionais aos xogos de acción ambientados neste universo no que enfrontar aos perigosos xenomorfos (con numerosos acenos ás películas da saga orixinal), o seu resultado non está a ser satisfactorio, acadando unha mala resposta da crítica, o que podería sorprender por estarmos ante un xogo que anunciaban que estaba a desenvolver Gearbox (responsables de éxitos como Borderlands 2), aínda que dende Eurogamer apuntan que realmente o desenvolvemento principal teríase externalizado a TimeGate Studios, de xeito que Gearbox só tería traballado na parte multixogador de Aliens: Colonial Marines.
SEGA anunciou que este xogo vai contar cun pase de tempada de pagamento, polo que é de agardar que nos vindeiros meses reciba contidos descargables que melloren o resultado final deste produto que estreou trailer co gallo do seu lanzamento:
Sae á venda Aliens: Colonial Marines
Compartir Este Artigo
