En 1991 chegaba a ordenadores Amiga, Atari ST, Apple II e PC o xogo de plataformas Another World, que celebrou o seu 20º aniversario cunha edición especial para iPhone e iPad, que adaptaba os seus gráficos orixinais para unha boa visualización coas altas resolucións actuais (aínda que pode mudarse entre a aparencia orixinal e a nova con só arrastrar verticalmente 2 dedos sobre a pantalla), engadía controis táctiles, 3 niveis de dificultade (o modo difícil sería o equivalente ao título orixinal), sons e efectos remasterizados e incluso textos en español, e agora sorpréndenos chegando a BlackBerry World, tenda de descargas na que está dispoñible por 4,49 euros.
Estamos ante o primeiro de moitos xogos que DotEmu achegará a BlackBerry 10, entre os que figurarán clásicos como R-Type, polo que os nostálxicos que conten cun novo smartphone de BlackBerry tamén poderán gozar de vellos xogos no seu dispositivo móbil, aínda que cuns prezos un tanto elevados.
Another World chega a BlackBerry
Compartir Este Artigo
