Esta
semana ARCHOS anunciou unha nova gama de tablets Platium que resulta moi
prometedora, pois combina un elegante deseño de aluminio con pantallas IPS de
alta definición, procesadores de 4 núcleos a 1,2 GHz (con gráfica de 8 núcleos)
e Android 4.1, que para adaptarse ás necesidades dos distintos consumidores
chegarán ao mercado en 3 tamaños: 8, 9,7 e 11,6 polgadas.
Os tablets veñen con 2 Gb de RAM, mini-HDMI, cámaras frontal e traseira e
lector de tarxetas micro SD. O modelo ARCHOS 80 Platinum é o máis modesto, con
pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768, que poderiamos
comparar co iPad mini, pero que chegará ás tendas este mesmo mes a un prezo de
só 199 euros. O ARCHOS 97 Platnium HD, coa súa pantalla IPS de 9,7 polgadas
cunha resolución de 2.048 x 1.536 buscaría competir co iPad con pantalla Retina,
saíndo tamén este mesmo mes cun prezo de só 269 euros (un 46% menos que o
iPad). E o ARCHOS 116 Platinum, coa súa pantalla IPS de 11,6 polgadas cunha resolución
de 1.920x1.080 píxeles parece querer satisfacer aos que queren gozar de
contidos Full HD, e porase á venda en abril por 349 euros.
ARCHOS anuncia 3 novos tablets con Android 4.1 e 2 Gb de RAM
Compartir Este Artigo

