Capcom Arcade Cabinet inclúe o xogo Black Tiger de balde1987 foi o ano no que Homer Simpson chegou á pequena pantalla, Robocop trunfaba nos cines e aos salóns recreativos chegaban grandes xogos como 1943 e Black Tiger, e para aproveitar a nostalxia que arrastran este tipo de títulos dende Capcom decidiron reeditalos, esta vez para Xbox 360 e PlayStation 3 a través da aplicación de balde Capcom Arcade Cabinet, que hoxe estréase como contido descargable nos EE.UU. e mañá chegará ás tendas de descargas europeas, incluíndo o xogo Black Tiger de balde e podendo engadírselle outros xogos descargables en lotes de 3 por 9,99 euros ou 800 Microsoft Points, agás o primeiro lote que chega esta semana e que por 4,99 euros ou 400 Microsoft Points incluirá 1943: Battle of Midway e Avengers. Outros xogos que estarán dispoñibles máis adiante serán clásicos como o medieval mata-zombis Ghosts’n Goblins, o shoot’em up do Oeste Gun Smoke, o icónico Commandoe o xogo de avións 1942, entre moitos outros, existindo a posibilidade de facerse con toda esta recompilación de xeito conxunto por 29,99 euros ou 2.000 Microsoft Points, o que supón unha rebaixa dun 33%.