
O feito de que se desvelase que a PS4 funcionaba cun procesador de AMD de 8 núcleos, cunha gráfica Radeon da mesma compañía, 8 Gb de memoria GDDR, Blu-ray de 6x, USB 3.0, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, Bluetooth 2.1, saída HDMI e saída analóxica daban a entender que non só a futura consola será un PC cunha aparencia externa diferente, senón que durante a presentación empregaríase precisamente un ordenador, polo que a meirande parte das afirmacións resultadas no escenario non deixarían de ser promesas, sementando bastante desconfianza. Así, tras o espectáculo puidemos ler comentarios que viñan a dicir que falar non ten cancelas, pois Sony non tería presentado nada real (só expuxo unha filosofía e citou numerosos títulos de xogos que en boa medida eran sucesores de títulos da actual xeración); outros apuntan que Sony está a centrarse no seu nicho de xogadores actual (ignorando a disrupción que Apple provocou hai varios anos, e que actualmente está a afectar considerablemente ao xeito no que gozamos dos videoxogos) e céntrase en exceso nos gráficos (truco que tiña moito máis efecto no pasado); e tamén se criticou moi duramente que non había ningunha muller entre os moitos participantes na gala que foron pasando polo escenario (e incluso comentan a pouca diversidade racial dos mesmos).
Pero non todas as informacións foron negativas, senón que moitos medios comprendían que Sony non quixese amosar a PS4 ata o E3, en boa medida para non amosar todas as súas bazas antes de que Microsoft anuncie a sucesora da Xbox 360. Do que si deron detalles é dos rumores de que a PS4 bloquearía o uso de xogos de segunda man, o que o propio Shuhei Yoshida desmentiu a Eurogamer, polo que a patente de Sony que permitiría realizar tal mediante o uso de NFC finalmente non se implantará, para alivio de moitos xogadores de todo o mundo.
Vídeo de presentación da PS4
Critican que Sony presentase a PS4 sen amosala
Compartir Este Artigo
