Nos anos 70 estaba presente nos salóns recreativos o xogo da serpe, nas súas moitas variantes, que converteuse para moitos no videoxogo para móbiles de referencia ao incluírse en 1997 no Nokia 6110 (e noutros móbiles con pantalla monocroma da compañía finlandesa ata estar presente nuns 350 millóns de dispositivos) e agora volve de xeito non oficial ao que poderiamos considerar o seu fogar, pois os móbiles Nokia Lumia poden instalar agora unha versión de balde do Snake desenvolvida por Lukasz Rejman, que mantén a mecánica do xogo orixinal incorporando como novidade a posibilidade de que a serpe poida moverse en calquera dirección.
Os movementos da serpe son moi suaves, elixíndose a dirección premendo sobre a pantalla táctil do móbil (a serpe segue o dedo), o que dá un control moi preciso. Conta con 30 niveis diferentes, mantendo unha estética moi simple que deixa claro que estamos ante un título que achega unha xogabilidade pura, que agradecerán tanto os nostálxicos como os que gusten de xogos sinxelos no móbil.
O xogo da serpe chega de balde a Windows Phone
Compartir Este Artigo
