
Os personaxes Coach, Nick, Ellis e Rochelle de Left 4 Dead 2 poderán controlarse no modo The Mercenaries No Mercy, que é exclusivo para PC, contando cada un deles cunha arma especial creada para o seu uso en Resident Evil 6 e, aparte dos protagonistas, no xogo de Capcom tamén poderemos ver a un par de infectados especiais do xogo de Valve (a Witch e o Mini Tank). Este contido cargarase de xeito automático na versión para PC de Resident Evil 6 a partir do 5 de abril.
No caso de Left 4 Dead 2 serán algúns dos inimigos máis temibles de Resident Evil 6 (Lepotitsa, Napad e Ogroman) os que farán acto de presenza esta primavera. A través do Left 4 Dead 2 Workshop tamén será posible ver os protagonistas de Resident Evil 6 no xogo de Valve, para os que a xente de Capcom pide axuda abertamente.
Os xogos Resident Evil 6 e Left 4 Dead 2 cruzarán personaxes
Compartir Este Artigo
