2K e Firaxis Games (o estudio responsable de xogos aclamados como XCOM: Enemy Unknown e a saga Sid Meier’s Civilization) anunciaron hoxe que esta primavera estrear na App Store o xogo de balde Haunted Hollow, de xeito que os usuarios de dispositivos con iOS poderán gozar dun título de estratexia que consiste en construír e xestionar unha mansión misteriosa para procreando monstros arrepiantes que mandar á vila para baterse con inimigos para capturar casas, loitar, evitar masas enfurecidas e tomar o control.
Haunted Hollow poderá xogarse tanto en solitario como competindo contra outros xogadores en liña, e busca chegar a todos os públicos cunha aparencia que, pese a ser de terror, resulta axeitada para os cativos, que en moitos casos están máis que familiarizados con vampiros, zombis, momias, meigas e moitas outras criaturas de relatos de terror.
Os creadores de XCOM: Enemy Unknown anuncian un terrorífico xogo de estratexia para iOS
Compartir Este Artigo
