Así como o mes pasado falábamos de que o xogo Farming Simulator para Windows Phone 8, despois de pasar por outras plataformas móbiles e consolidarse como un supervendas que da súa edición de 2013 conseguiu colocar máis de 400.000 copias, de aí que estean a preparar o seu salto a consolas domésticas, anunciando hoxe que en setembro van estrear versión para Xbox 360 e PlayStation 3.
A versión de consola do xogo de Giants Software parte como base do xogo para PC co mesmo nome, de xeito que poderemos gozar tanto dun contorno de xogo norteamericano como europeo, con nova maquinaria agrícola e moitos outras características novas que se estrearán nesta ambiciosa revisión do xogo. Farming Simulator deixaranos desenvolver a nosa propia granxa, cunha grande oferta de vehículos de marcas coñecidas (Case IH, Lizard, Ursus, Kramer, Horsch entre outros), uns campos de grandes dimensións e a posibilidade de afrontar numerosos retos para o granxeiro moderno: criar animais (incluíndo polos e ovellas), colleitar, vender os produtos, mercar vehículos e maquinarias… E todo isto nun mundo aberto.
O popular xogo Farming Simulator chegará no outono a PS3 e Xbox 360
Compartir Este Artigo
