As Tartarugas Mutantes volveron á pequena pantalla hai uns meses grazas a Nickelodeon, compañía que tamén decidiu levar as súas aventuras a dispositivos móbiles, o que hoxe materializouse co lanzamento do xogo Tortugas a la Carrera, que é un deses xogos de avanzar o máximo posible saltando obstáculos, recollendo obxectos e evitando ou atacando aos inimigos que xurdan cunha mecánica moi sinxela que consiste só en premer a pantalla no momento axeitado, e que sería o primeiro xogo das criaturas creadas por Kevin Eastman e Peter Laird para o iPad.
Tortugas a la Carrera pode comprarse por 1,79 euros, ofrecendo tamén compras dentro do xogo (factor polo que hai que ter coidado se van estar en man de cativos, pois nalgunhas situacións poderían facer compras accidentais) e funcionado tanto en iPhone como en iPad. Permítenos elixir a unha das Tartarugas Ninja para percorrer os tellados da cidade correndo, saltando e loitando, enfrontándonos a numerosos malvados mentres se recollen orbes de enerxías para desbloquear armas, armaduras e impulsos para manterse por diante da nave de Kraang (que de capturarnos sería o fin da partida).
Desta volta non só localizaron o título do xogo ao español, senón que Tortugas a la Carrera incluso conta con textos e voces en español, algo moi de agradecer nun xogo destinado principalmente a un público infantil.
Tortugas a la Carrera visto en vídeo
As Tartarugas Mutantes chegan por primeira vez ao iPad
Compartir Este Artigo
