Para poder gozar dunha boa reprodución musical no móbil sen ataduras existen numerosos altofalantes Bluetooth, entre os que pode sorprender que teña boa calidade pese ao seu reducido tamaño o Mini Stereo Speaker de BlackBerry, que pese a vir dun fabricante de smartphones en concreto é compatible con practicamente todos os smartphones do mercado, e que ten un formato (clip) que facilita o seu transporte e que pode colocarse tamén sobre o escritorio ou a mesa de noite.
Este altofalante está optimizado para funcionar tamén como mans libres para o móbil (integra tecnoloxía de redución de ruído e cancelación de eco) e pode conectarse a 2 smartphones á vez (podendo operar simultaneamente como altofalante musical e sistema de mans libres).
O seu prezo de venda oficial é de 99,99 euros, aínda que pode conseguirse un pouco máis barato, toma a corrente por micro-USB, conta cunha entrada de audio estéreo de 3,5 mm, mide 8,9 x 5,8 x 2,7 centímetros e pesa 98 gramos.
BlackBerry comercializa un altofalante Bluetooth que pode funcionar como mans libres
Compartir Este Artigo

