Os novos altofalantes de Creative poden conectarse sen fíos con dispositivos con NFC cun simple contactoCreative Technology anunciou hoxe novos altofalantes sen fíos que comunícanse mediante tecnoloxía Bluetooth aproveitando a as posibilidades do NFC para emparellar os dispositivos dun xeito rápido e cómodo. Os altofalantes máis básicos dos presentados serían os Creative Airwave, que estarán dispoñibles en 4 cores distintas (rosa, verde, azul e negro) a un prezo de 99,99 euros, que aparte de NFC e Bluetooth tamén contan con entrada auxiliar (para poder utilizalos con practicamente calquera reprodutor multimedia) e que proponse como un dispositivo moi transportable: é compacto (mide 110 x 260 x 110 milímetros), relativamente lixeiro (890 gramos) e goza dunha autonomía de ata 12 horas de uso continuo (cárgase mediante microUSB). Tamén integra un micrófono oculto, facilitando o seu uso como sistema de mans libres. Moi semellante sería o Creative Airwave HD, que estará dispoñible en negro e vermello por un prezo de 149,99 euros, mide 95 x 260 x 95 milímetros, pesa 980 gramos, funciona con Bluetooth 3.0, aparte dos codificadores SBC e aptX (como o modelo básico) admite o codec AAC (mellorando a calidade do son) e pode emparellarse con 2 dispositivos á vez. Aínda que segue a ser moi transportable, a súa autonomía redúcese ata as 7 horas.