
Tamén se detallou que o anunciado New Super Luigi U non só será unha actualización descargable para o New Super Mario Bros U, renovando os seus 82 niveis, e que poderá descargarse dende a Nintendo eShop a partir do 20 de xuño, senón que tamén chegará en formato físico por tempo limitado o 26 de xullo.
Satoru Iwata aproveitou a súa presentación para anunciar que o The Wonderful 101 de Platinum Games sairá á venda o 23 de agosto, lembrou que o vindeiro venres ponse á venda Resident Evil: Revelations para Wii U e detallou que Game & Wario porase á venda o 28 de xuño en Europa, combinando 16 xogos que poderán superarse usando o GamePad.
Sen dar moitos máis detalles, o presidente de Nintendo tamén seu conta de que viñan de chegar a un acordo global con SEGA, de xeito que o vindeiro xogo do seu ourizo azul, Sonic Lost World, será exclusivo de Wii U e Nintendo 3DS. Saberase algo máis deste novo título no E3, e non será o único xogo de Sonic que estará en mans de Nintendo, senón que o acordo anunciado incluirá a un total de 3 xogos da franquía de SEGA.
Vídeo íntegro do último Nintendo Direct
