
Dende a Association for UK Interactive Entertainment (UKIE) contan agora cunha listaxe de descargas para PC na que recollen información de compañías como Disney, Electronic Arts, Mastertronic, NCSOFT, SEGA, Square-Enix, Take 2, Ubisoft, Warner Bros e Born Ready Games, que é procesada por Ipsos Media CT, tendo en conta tanto as vendas de xogos como a dos seus contidos descargables, permitindo así unha mellora análise do sector.
As primeira listaxe de vendas oficial correspondería ao mes de marzo (dispoñible para a súa consulta en formato PDF), situando como xogos máis vendidos (en caixa e dixital) SimCity, Bioshock Infinitee The Sims 3: University Life, mentres que en formato dixital a situación é un tanto distinta (a orde sería Bioshock Infinite, SimCity e Tomb Raider). De analizar os ingresos, volveriamos a ter a SimCity en cabeza, seguido por Bioshock Infinite e Tomb Raider¸ mentres que no mercado dixital de expansións a situación está moi polarizada cara a Electronic Arts, que coloca a 4 expansións de Los Sims 3 entre os 10 xogos con máis ingresos, liderando con The Sims 3: University Life.
A información recollida é de grande importancia para o sector, pois axuda a coñecer a situación real do mercado e a súa evolución, así como as diferencias que existen entre as distintas canles de distribución, deixando constancia que pechar os ollos ante a distribución dixital só dá unha visión parcial da realidade, o que cada día sería un erro maior, pois os hábitos de consumo dos xogadores avanzan a pasos axigantados cara ao dixital.
Reino Unido comeza a ter en conta as vendas dixitais de videoxogos
Compartir Este Artigo
