Aproveitando a celebración do Computex en Taipei, Asustek presentou varios dos seus novos dispositivos, entre os que destaca especialmente o VivoMouse, un rato sen fíos con touchpad multi-táctil, de xeito que sería un dispositivo de control moi funcional, que tanto poderiamos utilizar como rato no escritorio informático como empregalo a xeito de mando a distancia durante presentacións profesionais ou en usos máis lúdicos (pensando en ordenadores no salón da casa).
O Asus VivoMouse funciona como un rato óptico estándar, á vez que a súa superficie superior táctil circular fai de orixinal touchpad compatible cos xestos táctiles de Windows 8, que grazas ao seu deseño ergonómico e á súa conectividade sen fíos pode empregarse comodamente cunha man, destacando tanto polas súas posibilidades prácticas como pola súa atractiva aparencia externa.
Asus presenta un rato sen fíos que integra un touchpad circular
Compartir Este Artigo

