Os seareiros dos personaxes da Marvel teñen dende esta semana un novo xeito de vivir as súas aventuras, pois Gazillion Entertainment lanzou oficialmente o xogo masivo en liña Marvel Heroes, que adopta a modalidade do Free-to-Play e permítenos meternos na pel de personaxes como Lobezno, Hulk, Thor, Iron Man, o Capitán América ou Spider-Man nunha batalla que parte dunha historia escrita polo guionista Brian Michael Bendis.
Este xogo xa está dispoñible para a súa descarga de balde para PC, contando inicialmente cun total de 21 superheroes que manexar con cadanseu sistema de nivelado, árbore de poder e equipamento. Os personaxes incluso poderán vestir moitos dos seus uniformes dos 70 anos de historia da Marvel, incluíndo os que visten nas últimas películas cinematográficas de grande éxito.
Esta experiencia Free-to-Play vai contar con actualizacións constantes, de xeito que recibirá novas misións, novos personaxes e numeroso contido para manter o interese neste xogo que pode descargarse dende a súa páxina web oficial ou a través de Steam.
Vídeo de introdución do xogo
Os heroes da Marvel estrean videoxogo de balde para PC
Compartir Este Artigo
