Para poder escoitar comodamente a televisión (ou música) na cama, sen perturbar o descanso da parella por ter o volume moi alto, chega o SoftSound Pillow Speaker, un orixinal sistema composto por un emisor sen fíos (por radiofrecuencia) que conectaremos ao televisor ou ao equipo musical que levará o sinal ata unha curiosa almofada que inclúe un par de altofalantes e un mando a distancia (integrado para evitar perdelo ao caer durmidos) que conseguen ser confortables grazas a que están rodeados por unha espuma especial que fai que non notemos a rixidez dos altofalantes. Por desgraza, esta solución multimedia non está ao alcance de todos os petos, pois custa 129,99 dólares (97,28 euros).
Vídeo de presentación da SoftSound Pillow Speaker
Unha almofada incorpora altofalantes para poder escoitar a televisión na cama sen molestar
Compartir Este Artigo

