Para a xente que gusta gravar vídeos cunha cámara réflex dixital, e que queira gozar dunha boa calidade sonora (especialmente para rexistrar música), o mes que vén van contar cunha opción moi interesante, unha revisión da gravadora de audio Zoom H4N, que pode montase na zapata da cámara e que acepta 4 cápsulas de micrófono intercambiables para adaptarse a distintas condicións de gravación. A nova gravadora Zoom H6 pode gravar ata 6 pistas de audio simultáneas, conta cunha pantalla de cor para comprobar os niveis de reprodución e gravación, grava en tarxetas SD de ata 128 Gb de capacidade, é compatible con formatos de son MP3 e WAV (incluíndo audio HD de 24 bits a 96k), permite conectar ata 4 micrófonos XLR/TRS (con selectores de ganancia independentes e varios voltaxes de alimantación), USB para trasferir os datos a software de edición de audio e funciona ata 20 horas seguidas con 4 baterías AA.
O prezo desta gravadora será duns 400 dólares (299,70 euros), o que non é disparatado para un produto con calidade profesional como os que nos ten afeito Zoom, que desta volta achega un nivel de versatilidade moi elevado.
Vídeo de presentación da nova gravadora de Zoom
