
Poderán ter presenza no evento grupos, asociacións ou particulares que soliciten a súa inscrición antes do 1 de setembro, estando xa confirmada a participación de Retro Ordenadores Orty (Madrid/Sada), Puppet Master (Madrid), JoJo (A Coruña), Web8Bits (Vigo), Hipsilon NES (A Coruña), Comunidad Ociorum (A Coruña), AUIC (Madrid/Galicia), FloppyDerno (País Vasco) e Tender Pixel Art (País Vasco).
Á vez que o RetroCoruña de 2012 quixo celebrar o 30º aniversario do ZX Spectrum, a este ano tócalle conmemorar os 30 anos do estándar MSX, que converteuse nun sistema con grande presenza nos fogares e que destacaba por estar fabricado por Sony, Philips, Daewoo, Canon… mentres que os seus competidores estaban principalmente fabricados por unha única compañía.
Os videoxogos retro cítanse en Sada o 7 de setembro
Compartir Este Artigo
