28 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas 4 provinciais galegas gozan xa de conexión á Internet de 100 Mbps grazas ás actuacións da AMTEGA enmarcadas dentro do Plan de Banda Larga da Xunta, facilitando esta mellora de infraestruturas de telecomunicacións o acceso simultáneo a un maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas, como consecuencia da mellora da velocidade de conexión.
A compañía encargada da implantación das redes de nova xeración na nos comunidade autónoma é o operador galego R, que non só achega unha importante mellora na velocidade das descargas da Internet, senón tamén incrementan de xeito importante a velocidade á que poden achegarse os contidos á Rede, o que afecta especialmente á capacidade para intercambiar documentos entre os xulgados.
Pero a modernización da Xustiza non se limita aos seus acceso á Rede, senón que a través do Plan Senda tamén están a mellorarse os seus equipamentos tecnolóxicos con sistemas de información como Lexnet, Minerva ou Fortuny. Todos estes avances están a favorecer a dixitalización dos trámites administrativos, evitando o uso do papel e aforrando desprazamentos.
O 62% da sedes xudiciais galegas gozan de acceso á Rede de 100 Mbps
Compartir Este Artigo
