2K e Firaxis Games anuncian que o vindeiro xoves vai chegar á App Store con versión para iPhone, iPod Touch e iPad como aplicación universal cun prezo de 17,99 euros o agardado xogo XCOM: Enemy Unknown, que é a adaptación dun laureado xogo para PC e consolas de videoxogos considerado como o mellor do seu xénero (estratexia por quendas) do ano pasado, que adaptouse con certa fortuna a iOS, para o que tiveron que afacer o seu sistema de control a unha interface táctil.
O xogo chegará á App Store sen o modo competitivo multixogador, que engadirase posteriormente nunha actualización de balde. Aínda que o xogo pode parecer caro, cómpre destacar que conta coa meirande parte de características que a súa versión para PC, á venda por 39,99 euros.
É de agardar que nos vindeiros meses o xogo conte tamén con versións para outros sistemas operativos móbiles (especialmente para Android), aínda que os seus responsables aínda non quixeron desvelar información ao respecto.
XCOM: Enemy Unknown estreará versión para iOS o vindeiro día 20
Compartir Este Artigo
