
Alonso explicou que a velocidade actualmente comercializada para a rede que Telefónica instalou no Caramuxo é de 100 Mbps, pero que pode ser practicamente ilimitada. Destacou que “esta alta capacidade de transmisión permitirá ás empresas, dende agora, dispoñer non só das mellores opcións de voz e centraliña, senón dunha capacidade de banda larga coa que poderán acceder aos servizos máis avanzados en cloud e streaming”.
Pola súa banda, o concelleiro de Fomento felicitou a Telefónica polo esforzo que está a facer no despregamento de redes de última xeración na cidade, e puxo o acento tamén na xeración dos novos 100 postos de traballo xerados pola instalación de FFTH en toda a cidade.
O polígono do Caramuxo sobe ás redes de nova xeración
Compartir Este Artigo
