A feira E3 é un grande escaparate para os videoxogos que veremos nos vindeiros meses e, moi especialmente, na campaña de Nadal, e a prensa especializada (con medios como IGN, Kotaku, Polygon, Game Informer, Wired e Destructoid) elixe cada ano os seus favoritos a través do Game Critic Awards, galardóns que veñen de facerse públicos na súa edición de 2013, que sitúa a un claro gañador: Titanfall, o primeiro xogo de Respawn (estudio fundado polos creadores de Call of Duty: Modern Warfare) que sairá inicialmente para PC, Xbox 360 e Xbox One.
Podemos destacar que Titanfall non só é recoñecido como o mellor xogo do E3, senón que tamén gaña nas categorías de mellor xogo orixinal, mellor xogo para consola, mellor xogo para PC, mellor xogo de acción e mellor título multi-xogador en liña, quedando clara a súa vitoria e conseguindo incluso superar o listón que na edición de 2012 dos premios puxera The Last of Us.
Outros títulos destacados son Tearaway (mellor xogo portátil/móbil), Oculus Rift (mellor periférico), Watch Dogs (mellor xogo de acción/aventura), The Elder Scrolls Online (mellor xogo de rol), Need for Speed: Rivals (mellor xogo de carreiras), NHL 14 (mellor xogo deportivo), Total War: Rome II (mellor xogo de estratexia), Fantasia: Music Evolved (mellor xogo social/ocasional) e Transistor (mellor xogo descargable).
Trailer de presentación de Titanfall
Recoñecen a Titanfall como mellor xogo do E3
Compartir Este Artigo
