
“FEZ II cancelouse. Fíxeno. Collín os cartos e marchei. É máis do que podo dixerir. Non é o resultado dunha única cousas, pero é o fin dunha longa e sanguenta campaña. Gañastes” son as palabras de Phil Fish, que parece desafogar así de meses de críticas que non parece saber asumir. Ao parecer os comentarios en certos medios especializados (como GameTrailers) e a través de Twitter ofenderon seriamente a Fish, que decidiu botarse a un lado abandonando o desenvolvemento de FEZ II, o que non parece ser unha decisión temporal.
FEZ é un dos xogos independentes mellor valorados dos últimos anos, do que desafortunadamente non veremos unha segunda entrega
