A WWE leva preto de tres décadas convertendo a WrestleMania nun grande espectáculo de lecer de éxito internacional, e para reivindicar esta longa historia 2K Games anuncia que o seu xogo WWE 2K14 vai contar co modo de xogo para un xogador titulado 30 Anos de WrestleMania, respondendo á boa resposta que tivo en WWE’13 a posibilidade de repasar a etapa clásica coñecida como Attitude Era.
Ao permitir repasar 30 anos de historia deste espectáculo será posible repasar combates históricos como os que enfrontaban a Hulk Hogan con André o Xigante (en WrestleMania III), a The Rock contra Hulk Hogan (en WrestleMania X8) e a The Rock contra John Cena (WrestleMania XXVIII), o que entusiasmará aos seareiros da WWE durante as últimas 3 décadas.
Estes días están a dar conta dos loitadores que figurarán na nova entrega do xogo, na que non estarán só os mencionados Hulk Hogan e The Rock, senón que tamén farán acto de presenza moitos outros como Macho Man, o Último Guerreiro, Shawn Michaels, o Enterrador ou Steve Austin. A listaxe completa de loitadores darse a coñecer o vindeiro día 17 nun evento que poderá seguirse en directo a través da Internet.
O vindeiro xogo da WWE permitiranos repasar os 30 últimos anos de WrestleMania
Compartir Este Artigo
