A feira RetroCoruña celebrará a súa 5ª edición o sábado 7 de setembro no Pavillón Municipal de Sada, para xuntar a numerosos seareiros galegos da informática clásica e os videoxogos, que nesta nova entrega dedicará un especial interese aos ordenadores MSX, que este ano celebran o seu 30º aniversario.
Como en anteriores edicións, o encontro terá unha grande exposición de ordenadores na que poderán verse a meirande parte de equipos de 8 bits (comercializados entre 1977 e 1992) entre os que destacaban o ZX Spectrum ou o Commodore 64, pero sen esquecer a equipos menos populares como o Dragon 32, o Acorn Electron ou o Z81, sendo unha excelente oportunidade para repasar a historia da informática moderna. A estes preto dun cento de ordenadores acompañaranos moitas consolas de videoxogos clásicas, que poderán probarse in situ para lembrar os vellos tempos. e tamén será posible participar en torneos para comprobar quen son os mellores xogadores de clásicos como Road Fighter (MSX), Pac-Man, Donkey Konga, Street Fighter II Turbo e Tekken 3.

No recinto sadense tamén estarán presentes distintos expositores nos que ver tamén algunhas xoias e, nalgún caso, poder mercar xogos ou produtos inspirados na súa cultura, estando confirmada a participación de Retro Ordenadores Orty (Madrid/Sada), Puppet Master (Madrid), JoJo (A Coruña), Hipsilon NES (A Coruña), Web9Bits (Vigo), Comunidad Ociorum (A Coruña), AUIC (Madrid/A Coruña), FloppyDerno (País Vasco), Tender Pixel Art (País Vasco), Zona Arcade (A Coruña) e Movemento Xove (A Coruña).
Un dos creadores do xogo Underground participará en RetroCoruña
Compartir Este Artigo
