O estudio Level-5 vén de anunciar un novo xogo de quebracabezas baixo a marca do profesor Layton, pero que distará bastante do que estamos afeitos a ver pois Layton 7 será un xogo para iOS, Android e Nintendo 3DS que supón un cambio de deseño radical ao das anteriores entregas da saga, no que parece ser a transformación entre unha aventura e un xogo de rol, conservando os enigmas a resolver como peza central.
Ata o momento Level-5 anunciara que El profesor Layton y el Legado Azran sería a sexta e derradeira entrega da saga con profesor Layton como protagonista, e parece que van manter a súa palabra, pero sen dicir adeus á marca Layton, que parecen querer conservar como sinónimo de quebracabezas para dispositivos móbiles.
O sétimo xogo de Layton terá versión para móbiles
Compartir Este Artigo
