Os amantes dos videoxogos clásicos e da súa emulación, xa non terán que recorrer a bibliotecas de copias ilegais dos seus títulos favoritos, senón que poderán facer uso dos cartuchos orixinais de varias consolas dende o seu PC grazas a Retrode, un adaptador USB compatible con cartuchos de Mega Drive e Super Nintendo (compatible tamén con Nintendo 64, Master System e Game Boy/Game Boy Advance mediante adaptadores) e mesmo con mandos destas consolas, o que permite revivir a súa experiencia de xogo no ordenador facendo uso de practicamente calquera dos populares emuladores que existen actualmente.
Este adaptador USB funciona sen precisar de controladores adicionais, de xeito que operaría en practicamente calquera sistema operativo (Windows, OS X, Linux…), mide 162 x 80 x 32 milímetros, pesa 220 gramos e véndese por 64,90 euros, o que poderán agradecer os que queiran gozar dos seus vellos xogos e non conserven ningunha das consolas clásicas operativas.
Un adaptador facilita o uso de xogos e mandos de Mega Drive e Super Nintendo no PC
Compartir Este Artigo
