Os últimos xogos de plataformas de Rayman están a ser todo un éxito nas distintas plataformas nas que están dispoñibles, como demostrou o recente Rayman Legends, que xa está dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, e que esta mesma semana chega a PS Vita, e que destacou especialmente por ser o xogo para Wii U coa mellor crítica ata o momento (conseguiu un magnífico 91 sobre 100 en Metacritic, superando a Mass Effect 3 e Pikmin 3) e pronto vai tocarlle gozar doutro excelente xogo aos posuidores dun tablet ou smartphone, pois o tamén notable Rayman Jungle Run (considerado o mellor xogo da App Store en 2012) terá unha secuela, Rayman Fiesta Run, que levará o xogo ao curioso mundo de Fiesta, onde haberá que correr entre salchichas picantes, galletas e ramplas de chocolate, unha vez máis acompañado por unha mecánica de xogo moi básica e unha música moi divertida.
Rayman Fiesta Run chegará no outono para iOS, Android e Windows Phone, ofrecerá 75 niveis cheos de velocidade, saltos e diversión, e parece que desta volta o lanzamento será simultáneo para as 3 plataformas (evitando que os usuarios do sistema operativo móbil de Microsoft teñan que agardar medio ano para gozar de tamaño xogo).
Trailer de presentación de Rayman Fiesta Run
Rayman terá un novo xogo para dispositivos móbiles no outono
Compartir Este Artigo
