Os afeccionados aos xogos de acción en primeira persoa que queiran rememorar títulos clásicos do xénero poderán adquirir durante unha semana un interesante lote de retro shooters dentro da iniciativa The Humble Bundle, ou sexa, que poden elixir o que queren pagar polos xogos Serious Sam HD: The First Encounter, Serious Sam HD: The Second Encounter, Shadow Warrior: Classic Redux e Duke Nukem 3D: Megaton Edition polo prezo que desexen (a partir dun dólar poderán obter incorporalos á súa biblioteca de Steam) e de pagar 6 ou máis dólares poderán recibir tamén os moitos máis detacados Hard Reset Extendend Edition e System Shock 2, indo a parar parte dos fondos conseguidos a través desta promoción a parar ás entidades benéficas Fronteiras Electrónicas (EFF) e Child’s Play Charity.
Todos os xogos do novo lote están dispoñibles para Windows, mentres que os usuarios de OS X poderán gozar só de System Shock 2, Shadow Warrior: Classic Redux e Duke Nukem 3D: Megaton Edition, e os usuarios de Linux só poderán facerse con dous últimos xogos mencionados.
Tamén cómpre destacar que a meirande parte desta selección de xogos trátase dunha remasterización en alta definición dos xogos clásicos, de xeito que poderán gozarse con certa dignidade en equipos actuais.
The Humble Bundle recupera durante unha semana varios FPS clásicos
Compartir Este Artigo
