Esta mañá a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, deu conta dos avances do Plan de Banda Larga desenvolvido pola AMTEGA no 14 concellos que conforman a área territorial de Vigo, de xeito que entre primeiros de 2010 e xuño de 2013 máis de 74.700 habitantes puideron incorporarse á cobertura dunha conexións de acceso á Rede de calidade.
Antes do plan 87.225 persoas da área metropolitana de Vigo carecían de cobertura de Internet de banda larga, e grazas as actuacións realizadas pasouse dunha cobertura do 81,8% en 2010 a preto do 98% a día de hoxe, quedando a posibilidade de acceder a conexións vía satélite nos casos con maiores dificultades de acceso (que están accesibles tamén a través dun plan de axudas).
Especialmente destacados foron os casos das zonas máis rurais, coma Beade, que pasou do 35% de cobertura a máis de 98%, ou de Bembrive, que pasou do 46% ao 97.05%. A poboación que quedaría coa peor cobertura actual sería Comesaña, co 90,20%, o que supón un resultado bastante positivo, pois partiu dunha cobertura do 32% hai pouco máis de 3 anos.
A área metropolitana de Vigo ten xa unha cobertura da banda larga dun 98%
Compartir Este Artigo
