Un dos grandes xogos revelación de 2009 foi Scribblenauts, que estreouse na Nintendo DS cunha orixinal proposta consistente en resolver quebracabezas empregando numerosos obxectos (invocados escribindo o seu nome en pantalla) nunha historia de desprazamento lateral na que case podía xogarse só empregando o stylus da portátil, e que máis adiante contou con secuelas que incluso chegaron a outras plataformas, camiño que levou a que esta semana vese a luz Scribblenauts Unmasked – A DC Comics Adventure, título no que emprégase a mecánica de xogo de Scribblenauts pero desenvolve a acción no Universo DC, ou sexa, no mundo onde temos superheroes como Superman, Batman, Green Lantern, Flash, Aquaman ou os Teen Titans, que contarán coa axuda de Maxwell (o protagonista desta saga) para enfrontase á ameaza de numerosos viláns.
Este novo xogo non permite empregar só obxectivos na nosa vida cotiá para solucionar situacións, senón que tamén poderemos facer uso de obxectos propios do Universo DC (como o batmóbil) que poderemos consultar na batcomputadora (que servirá de guía para este enorme mundo de ficción).
Dende España podemos xa adquirir o xogo a través de Steam na súa versión para PC (cun 10% de desconto ata o 29 de setembro), mentres que a versión para Wii e Nintendo 3DS aínda non ten data de lanzamento fixada para Europa.
Trailer de Scribblenauts Unmasked – A DC Comics Adventure
Os Scribblenauts métense nos comics de DC
Compartir Este Artigo
