
Comentará tamén a súa visión sobre a colaboración coa Universidade da Coruña. Volvendo á reapertura do dito grupo, dicir que se vai facer a través do que deixou Darty trala súa marcha, a filial da corporación británica Kesa que se fixo con San Luís e o seu tecido de establecementos en 2007, recentemente pechados por Darty por mor da súa decisión de deixar España. A intención de Lorenzo López é reabrir e manter a actividade en todas estas tendas (incluída a da praza de Pontevedra da Coruña, na que moitos veciños puideron ver xa estes días a mensaxe de “estamos de volta”), dando traballo a un cento de empregados, dos que uns sesenta proveñen do equipo de Darty. O Grupo San Luís, nado no barrio coruñés dos Mallos, está a centralizar xa a súa distribución dende Bergondo, continuando cos mesmos provedores cos que contaba Darty.
A FIC acolle este xoves unha conferencia do creador do renacido Grupo San Luis
Compartir Este Artigo
