Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publican o I Estudo Anual de Televisión Conectada e Vídeo Online
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Electrónica de consumo

Publican o I Estudo Anual de Televisión Conectada e Vídeo Online

Redacción
Publicado: 31/10/2013
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

estudo_iab_tv_conectada.jpgA asociación do sector publicitario, o marketing e a comunicación dixital, IAB Spain, presentou hoxe, coa colaboración de Elogia, o Primeiro Estudo Anual de Televisión Conectada e Vídeo Online co obxectivo de entender o mundo da televisión conectada e os contidos de vídeo vistos en liña. O principal dato que se desprende do estudo é que o 18% dos internautas conectan os seus televisores a Internet mediante outros dispositivos estes internautas teñen un perfil máis masculino, novo e con nivel de estudos superiores. En España cuantifícase que 3 millóns de individuos teñen televisión conectada e case 10 millóns coñecen o concepto aínda que non o teña na casa. Entre os que non o teñen, un terzo utilizouno na casa de amigos ou outros lugares.
Identifícanse 3 tipoloxías segundo o uso da televisión conectada: Uso de só TV á carta (33%), alternativa ao cine ou ao DVD (36%) e espectador de moito contido á carta ou específico de Internet (31%).
Os internautas que se conectan á televisión conectada, acceden a Internet a través de múltiples dispositivos (en media 4,4 dispositivos) nos que destaca o smartphone, o ordenador portátil, o ordenador de sobremesa e a consola de sobremesa, e o acceso á televisión conectada realízase principalmente a través de consola conectada ao televisor ou Smart TV.
A incorporación da televisión conectada entre os dispositivos que dan acceso a Internet na vida dos internautas españois, non conseguiu reducir o número de dispositivos, senón que o mantén (o 64% conéctanse con dispositivos que xa tiñan) ou amplíaos (o 30% incorporan a Smart TV aos demais).
Mentres a televisión tradicional se mira a diario, a televisión conectada ten menor frecuencia. Concéntrase, ao igual que a televisión tradicional, en momentos de prime time aínda que se realiza un consumo máis individual.
Os contidos que se miran en televisión conectada concéntrase en películas, series (especialmente estranxeiras) e deportes, aínda que adicionalmente tamén se usa para contidos non audiovisuais: radio, videoxogos, redes sociais e mesmo e-mail.
A presenza de Smart TV entre os enquisados é dun 21%, aínda que o feito de tela non implica que se utilice como televisión conectada. Só un 36% dos que teñen Smart TV úsana con este fin, mentres que o vídeo en liña é un contido moi estendido entre os internautas no noso país: un 96% declaran consumilo.
Os contidos máis vistos son: cine e series estranxeiras, seguido de deportes e series nacionais. As plataformas máis utilizadas son YouTube e contido á carta.
Un 19% dos usuarios de vídeo en liña pagou por ver os contidos de vídeo, e un de cada 2 estaría disposto a ver publicidade para ver o contido (independentemente de se o pagara ou non). O motivo polo que o usuario paga por ver ese contido é polo grande interese deste.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Electrónica de consumo

Apple aposta pola integración da IA con aplicacións de terceiros para as súas futuras lentes

16/11/2026
Electrónica de consumo

Nova xeración de pantallas de tinta electrónica en cor de E Ink

15/10/2026
Electrónica de consumo

Apple colaborará con LG na creación do seu ecosistema domótico renovado

07/10/2026
mac-macbook-pro-size-unselect-20.jpg
Electrónica de consumo

O MacBook Pro con pantalla táctil podería ser bastante máis lixeiro

05/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?