
Dende Sony dan hoxe conta dos cambios que terá PlayStation Plus este mes, que comeza coa retirada dos xogos Metal Gear Rising Revengeance, Jak and Daxter Trilogy, MotorStorm RC e Oddworld Strangers Wrath o vindeiro 27 de novembro, data na que se incorporarán ao catálogo de xogos instantáneos GRID 2 (PS3), Guacamelee! (poderá descargarse tanto para PS3 como para PS Vita), Sonic and All-Stars Racing Transformed (PS Vita) e Grand Theft Auto Liberty City Stories (PS Vita); e dous días despois serán os xogos de PlayStation 4 RESOGUN e Contrast os que verán a luz (destacando por ser títulos de lanzamento, en vez de xogos que podían considerarse amortizados, como acontecía habitualmente en PlayStation Plus).
Vídeo no que resumen os xogos que estarán dispoñibles dende finais de mes a través de PlayStation Plus
PlayStation Plus incorporará xogos de PS4 a finais de mes
Compartir Este Artigo
