As tendas de videoxogos de toda España venden xa dende hoxe a segunda entrega dun prometedor título de mánager de fútbol que toma o relevo espiritual do clásico PC Fútbol, FX Fútbol 2.0, recompensando as comparas antes do 15 de decembro cun xogo adicional (Gas Guzzlers).
FX Fútbol 2.0 chega con máis de 100 novidades e totalmente en español a un prezo de 19,95 euros, tanto en formato físico como en dixital. No xogo tomaremos o papel do máximo responsable dun club, para tomar decisións como ampliar o estadio, contratar ao corpo técnico, fichar e renovar xogadores, definir o prezo das entradas… para conseguir que o noso equipo progrese. Entre os detalles do xogo podemos destacar que tamén será posible planificar e supervisar as tácticas e adestramentos dos xuvenís, para poder descubrir tesouros enterrados na canteira para facelos debutar no primeiro equipo.
O xogo conta con 450 equipos en 27 competicións nacionais e internacionais (incluíndo as principais divisións de España, Italia, Inglaterra, Alemaña e Francia), máis de 11.700 xogadores creados un a un, xogadores que evolucionan no tempo, estadios personalizables con grande liberdade, a posibilidade de debuxar as xogadas en tempo real sobre o terreo de xogo e o editor MyTeam para poder personalizar xogadores, equipamentos e escudos.
Para poder gozar deste xogo precisaremos dun ordenador con Windows XP SP3 ou superior, que como mínimo conte cun procesador Pentium 4 a 3,2 GHz, 2 Gb de RAM, gráfica con 256 Mb de memoria e 850 Mbytes de disco duro libre.
Sae á venda FX Fútbol 2.0
Compartir Este Artigo
