Estela estará presente en Super Smash Bros.Non parecía que este mes fósemos ter máis novas por parte de Nintendo, pois xa estamos en plena campaña de Nadal, pero a compañía nipoa quixo dar conta esta tarde nun Nintendo Direct dalgunhas das novidades que teremos o ano que vén, como ao desvelar que o personaxe Estela da serie Super Mario Galaxy vai estar presente como personaxe xogable tanto no xogo de loita Super Smash Bros. como en Mario Kart 8; aínda que causou máis sensación o anuncio de que en 2014 a Wii U recibirá un xogo desenvolvido por Tecmo Koei que ambientará a serie Warriors no mundo de The Legend of Zelda e que leva como nove provisorio Hyrule. Satoru Shibata anunciou que Professor Layton vs. Phoenix Wright: Ace Attorney chegará a Europa o 28 de marzoNo Nintendo Direct Satoru Iwata e Satoru Shibata tamén deron conta das datas de lanzamento de Donkey Kong Country: Tropical Freeze para Wii e Professor Layton vs. Phoenix Wright: Ace Attorney para Nintendo 3DS, que serán os días 21 de febreiro e 28 de marzo respectivamente. Os usuarios de Nintendo 3DS tamén puideron coñecer algo máis sobre Yoshi’s New Island e da preparación dunha nova aventura de Kirby na portátil de Nintendo.