Para celebrar o Nadal son varias as tendas en liña que realizan rebaixas e promocións, como o Bazar de Xbox LIVE, que durante toda a semana está a ofrecer de balde o primeiro episodio de The Wolf Among Us, permitindo así probar esta nova aventura gráfica de Telltale Games, para así tamén poder aproveitar a oportunidades para adquirir o seu pase de tempada (composto por 4 episodios máis que iranse publicando durante ata o verán de 2014) por só 14,39 euros. Para facernos unha idea do atractivo desta promoción podemos precisar que o primeiro episodio do xogo para PS3 custa 4,99 euros, mentres que o pase de tempada está á venda por 19,99 euros.
Este prometedor xogo baseado nos comics de Fábulas tamén está dispoñible para PC, Mac e iOS e ten previsto saltar á PS Vita en breve.
De balde o primeiro episodio de The Wolf Among Us para Xbox 360
Compartir Este Artigo
