Cold Alley permitiranos enfrontarnos a convois inimigosA experiencia dos Microsoft Studios en software de simulación de voo é indubidable, de aí que os usuarios de dispositivos con Windows 8/RT celebren a estrea de Cold Alley, xogo de combate aéreo que sae á venda por 5,99 euros e que conta cunha extensa campaña de un xogador e un amplo repertorio de modos escaramuza. Este título permite ir atrás no tempo para vivir operacións secretas aéreas e dominar unha ducia de modelos de aeronaves. Este título goza de mapas con grande detalleCold Alley conta con numerosos modos de xogo (combate aéreo, supervivencia, duelo a morte por equipos, capturar a bandeira e defender a base), gráficos tridimensionais moi coidados, mapas detallados, mecánicas de xogo variadas, controis arcade e de simulación, sons e efectos gráficos realista… en definitiva, un xogo que busca ser válido para novatos e para usuarios experimentados, que pode gozarse tanto no ordenador como en tablets con Windows RT, facilitando que levemos a experiencia da simulación aérea a case calquera lugar.